Contenidos de la página
Programa FEMORA
¿Que es?
Página web dirigida a los profesionales de enfermería. En la web están a disposición de los profesionales diferentes procedimientos:
- Biomedidas
- Vía respiratoria
- Coidados básicos
- Administración de medicación
- Vías, sondas e drenaxes – Nutrición
- Eliminación
- Probas diagnósticas
Programa Úlceras Fóra
https://ulcerasfora.sergas.gal/
¿Que es?
O «Programa Úlceras Fóra» está a desenvolver un Plan de xestión do coñecemento en feridas, onde a experiencia e coñecementos dos nosos profesionais son a chave á hora de deseñar actividades, de impartir formación, de crear contidos e mesmo de xestionar recursos. Todo elo dirixido aos profesionais do Servizo Galego de Saúde, de Centros Sociosanitarios, pacientes e a coidadores os cales son os encargados de cubrir todos as necesidades básicas da población dependente e xunto cos profesionais son unha peza clave na prevención e tratamento das feridas.
Que pretende o «Programa Úlceras Fóra»?
- Diminuír a incidencia das feridas, mellorando a calidade de vida e a seguridade dos pacientes e a calidade da asistencia prestada.
- Establecer criterios asistenciais comúns baseados na mais actual evidencia científica (para a identificación do risco, a valoración de lesións, establecemento de medidas preventivas, de terapias, utilización de produtos, seguimento, rexistro, etc.) que posibiliten avanzar cara a redución da variabilidade clínica para este tipo de lesións.
- Promover a interrelación entre pacientes e coidadores e co sistema sanitario.
- Promover a integración asistencial entre profesionais.
Programa Escola Galega de Saúde para Cidadáns
https://escolasaude.sergas.es/
¿Que es?
A Escola Galega de Saúde para Cidadáns, creada no ano 2009, depende da Xerencia do Servizo Galego de Saúde. Dirixida e xestionada dende a Subdirección Xeral de Atención ao Cidadán e Calidade, está orientada á formación de pacientes, familias e cidadáns en materia de saúde, para mellorar a toma de decisións nos seus procesos de saúde-enfermidade.
A súa misión é prover de información, coñecementos e habilidades en procesos de saúde e de enfermidade a pacientes, coidadores e cidadáns, co fin de mellorar a súa calidade de vida e potenciar a súa participación segura nas decisións sobre os seus procesos, así como facilitar o coñecemento do funcionamento dos servizos sanitarios para contribuír a un uso eficiente deles, para o que conta cunha rede de profesionais e formadores expertos.
A Escola Galega de Saúde para Cidadáns forma parte da Rede de Escolas de Saúde para a Cidadanía do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.